A Galiza que queremos

Radical!!!. Esa e a palabra coa que muitos neo/liberais pretenden encuadrarnos a outros polo simple senso de pensar distinto. Os que me conhecem, os que conhecem os meus amigos, os meus companheiros saben que nin eu, nin eles somos radicais.

Por Carlos González Armada | Vigo | 07/05/2016

Comparte esta noticia

Enton porque esa teima absurda de etiquetar a determinada xente??

Eu creo que e por medo, medo a que lle podan cambiar o seu modelo, un modelo econômico e social que non e o modelo económico que queremos para Galiza, non e o modelo social que queremos para Galiza, en definitiva NON E A GALIZA QUE QUEREMOS

Cuando chegamos a este extremo da conversa, e cuando a defensa do publico, do social se torna agria, enton nese momento producese o ataque mais manido, enton me din se o que eu quero e o mesmo modelo de Venezuela, o de Cuba.

Sinceramente a xente fala muitas veces sen o mínimo rigor do estudio e a investigacion social, e a historia do que di. Se fala de Cuba e de Venezuela alegremente, sen conhecer a realidade cultural e historia que levou a seus pobos a donde os levou, se fala sin saber da ideosincracia de esos pobos, e se fala muitas veces, e creio que case todas as veces, por simple interes propio sen pensar en dar a informacion axeitada pra que a xente poda saber a realidade das cousas,.....ainda que sinceramente tampouco podemos pedir mais dos cerebros que nos gobernan cuando nin son capaces de dirixirse ao adversario politico sabendo a quen se dirixen,.....asi o podemos ver unha e outra vez no pleno do concello de Vigo, no que os senhores do PP e do PSOE se empenhan en decirlle a os concelleiros de Marea de Vigo...***ustedes os de Podemos***....cuando Marea de Vigo e unha coalicion entre EU e ANOVA

Cuando falamos de modelo de Galiza e os neo/liberais chegan a ese extremo nomeado, eu lles digo que non tenhen que cruzar o atlantico, que porque viaxan tan lonxe pra falar do que non saben, do que non entenden, eu lles digo que o modelo que defendemos pra Galiza esta aqui mesmo, esta no concello de Oleiros. O seu alcalde esta catalogado como castrista, e sendo castrisita e facendo as politicas sociais que os neo/liberais din que nos levaran a ruina, o concello de Oleiros e o Concello con maior renta per capita por habitante de Galiza, nas suas ruas se pasean numerosos automóveis de luxo, e no seu concello viven personaxes como Sandra Ortega e Rosalia Mera, Manuel Jove que ten un patrimonio de mais de 4.000 millons de euros, ou Pablo Isla con 43 millons de euros de patrimonio, Isabel Castillo de Ortega con 700 millons, e xente sen tanto dinheiro pero moi conocida como a Kina Fernandez ou os futbolistas Donato ou Fran

Esta xente vive en Oleiros pola sua calidade de vida, porque Oleiros e un vergel comparado con outras cidades, porque Oleiros con casi 35.000 habitantes ten 5 campos de futbol, 5 pavellons polideportivos, 4 piscinas e 3 gimnasios, 5 pistas polideportivas, e a cidade de Galiza con mais metors de xardins publicos por habitante, ten 4 escolas infantils, 5 centros de CEIP, 3 de IES, 2 centros universitarios, etc, etc, etc

A Galiza que queremos se parece muito a esta que se describe, se parece muito ao estilo de vida e de goberno que se practica na cidade de Oleiros. O que non queremos os cidadas galegos son pactos e politicas nos que salen beneficiados unicamente as grandes multinacionais, como e co denigrante caso do tratado do libre comercio, que e todo o contrario ao que vimos de exponher, en ese tratado se atenta non so contra a democracia senon tamben contra apropia saude publica, contra o benestar do pobo, e tal como se pode comprobar con feitos, os feitos de Oleiros, non e necesario plegarse a os mandatos dos poderosos para poder vivir nun pequeno paraiso, e por iso queremos que Galiza sexa no futuro pra Espanha o que no presente e Oleiros pra Galiza, un vergel unico construido desde os valores da dignidade e a honestidade, esa e a Galiza que queremos
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA