A Garda Civil redobra os esforzos na procura do desaparecido en Fisterra

Dúas patrullas buscarán de novo a Antonio Carro Latexe, desaparecido desde o martes en Frades.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/04/2025 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura do veciño de Frades, desaparecido o pasado martes, continúa activo este domingo na zona de Fisterra, segundo confirmaron fontes da Garda Civil da Coruña. En concreto, detallaron que a xornada deste domingo estará centrada na procura por terra, concretamente con dúas patrullas durante a mañá e outras dúas pola tarde.

Cabe lembrar que a familia de Antonio Carro Latexe, de 69 anos de idade, denunciou a súa desaparición na tarde do pasado martes, e o propio Concello de Frades fixo un chamamento aos veciños, a través das redes sociais, para pedir colaboración na procura.

Axentes da Garda Civil de Tráfico
Axentes da Garda Civil de Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta