Moda romana en Lugo

Unhas 300 persoas asisten ao VII Desfile de Moda da Época Romana, o mellor escaparate de cara ao Arde Lvcvs.

Por GC Tendencias | Lugo | 09/05/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O Mercado Municipal de Lugo acolleu este domingo unha edición máis, e xa van sete, da Mostra de Moda e Vestimenta de Época Romana, enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello de Lugo.

Varios nenos no desfile de moda da época romana do Arde Lucus
Varios nenos no desfile de moda da época romana do Arde Lucus | Fonte: Concello de Lugo

Trátase do mellor escaparate de vestimenta, complementos e peiteados de firmas lucenses de cara ao Arde Lvcvs. Por iso, unhas 300 persoas déronse cita neste evento, entre as que se atopaba a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Este desfile, que foi presentado pola actriz lucense Alba Mesa e custodiado por membros da Guardia Pretoriana e Trebas Galaicas, contou coa participación de 8 deseñadores e 5 perruquerías, que mostraron as súas mellores creacións inspiradas na época romana.

Tal e como deu a coñecer a Concelleira, esta mostra constitúe unha importante oportunidade para dinamizar o sector máis creativo do municipio, pois nesta cita dan a coñecer as súas propostas de cara ao vindeiro Arde Lvcvs, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño. Este ano, ademais, os asistentes tiveron a ocasión de gozar cun espectáculo de danza de dúas bailarinas da escola de Star Dance. Neste evento tamén desfilaron os participantes do obradoiro de vestimenta romana que o Concello está a levar a cabo na Casa da Xuventude, e que foron peitedados polos alumnos e alumnas do ciclo de perruquería do instituto Muralla Romana.

Nesta gala deuse cita o mellor da creatividade lucense da man de Beatriz Valín, María Tacón, Corazóns Artesáns, D´ponepin, Pandelandras, Don Botón, Unha de Romanos e Lowena. As perruquerías participantes foron Avalon Peluqueros, Peluquería Azares, Miriam Souto Peluqueros, Vanessa Martínez e Peluquería Venus.

Previamente ao desfile, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou os diplomas aos gañadores da actividade Busca do Tesouro, celebrada o pasado 30 de abril pola cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gertrudis Ballesteros

en primer lugar me gustaría disculparme por no redactar este comentario en Gallego, pero es que lo tengo un poco olvidado y por eso voy a contestar en Español. Leerlo si lo he leído bien y es genial :) Me parece que estas niñas tienen un don especial, esos peinados tan bonitos, me recuerdan a los peinados para 15 años 2017 que hemos estado haciendo a lo largo de este año en nuestro centro de estética y peluquería. Me gustaría en nombre de nuestro centro dar la enhorabuena a las peluqueras que han conseguido esos peinados tan bonitos para las niñas, y a las madres de estas por tener unas hijas tan bonitas y elegantes. Saludos desde Cádiz.