Rueda: "É lóxico converter a cheminea de Alri nunha icona"

"Os mesmos que critican esta intención son os que están a pedir que se declare BIC unha cheminea que é catro ou cinco veces máis alta", di en alusión a cheminea das Pontes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2025 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende como "lóxica" a proposta da Xunta de converter a cheminea de 75 metros de Altri nunha icona. O informe de Patrimonio Cultural, un dos máis de 30 nos que se basea a declaración de impacto ambiental á que deu luz verde a Xunta, aposta por converter "nunha icona" a cheminea mediante a súa cor --fixa nun informe tons como o verde, marrón ou gris que "se mimeticen coa contorna"--, a súa forma e a través de "incorporar elementos decorativos ou artísticos que a convertan nun elemento icónico en lugar dunha intrusión visual".

Unha bandeira reivindicativa ondea diante da cheminea da fábrica de Alcoa en San Cibrao
Unha bandeira reivindicativa ondea diante da cheminea da fábrica de Alcoa en San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Cuestionado sobre este extremo, Rueda cre que "é lóxico" conseguir a "maior integración na paisaxe" e que se "busque a maior integración coa contorna no que vaia a estar".  "A min faime moita graza, os mesmos que critican esta intención son os que están a pedir que se declare BIC unha cheminea que é catro ou cinco veces máis alta", di en alusión á central das Pontes. "Por tanto, esas contradicións, unha non vale, dependendo de que sexa, e outra hai que conservala cun impacto visual moito maior custe o que custe", agrega. "Por tanto, un exemplo máis das incoherencias que estamos a ver neste asunto", conclúe.

COMPENSACIÓNS

Por outra banda, nega que poida haber compensacións por parte do Goberno galego a Altri no caso de que non salga adiante o proxecto da fábrica de Palas de Rei . "En absoluto", asegura ao tempo que defende a idea de facer da cheminea da megacelulosa unha icona.

Así o afirmou a preguntas da prensa tras o Consello deste luns, onde Rueda sinalou que este caso, como en "calquera proxecto industrial", a Xunta ten que "cumprir" coas súas "obrigas de tramitación e autorización". "Estamos a cumprir coas nosas obrigas, volvo dicilo outra vez, coa intención de que todos os proxectos industriais que sexan viables en Galicia póidanse implantar", remarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta