Rueda evita dar pistas sobre o futuro director da CRTVG: "É decisión do Parlamento"

Aposta por consensuar o nome, aínda que ve difícil un acordo na Cámara, sobre todo, co BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2025 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Quedan poucos meses para saber quen dirixirá a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) despois de que caducara o mandato do actual director, Alfonso Sánchez Izquierdo, e tras numerosas críticas dos partidos da oposición e do propio persoal laboral sobre as denuncias de manipulación e control político deste ente público. Unha situación que mesmo motivou a creación dunha lei ad hoc para que a elección deste cargo sexa por maioría absoluta e non polos tres terzos do Parlamento como ata agora.

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo | Fonte: CRTVG

Con esta nova norma, o PPdeG garantiza que non haxa ningún bloqueo institucional do futuro relevo de Sanchez Izquierdo xa que os votos dos deputados e deputadas populares chegarán para que saia adiante. Por iso, e preguntado sobre esta cuestión na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda evitou confirmar ningún nome e mesmo negou que teña a ninguén en mente. "Iso é unha decisións do Parlamento e cando chegue, chegará", dixo.

O presidente galego insistiu en que a súa intención é "xonseguir os máximos consensos posibles", pero recoñeceu que "a oposición non está pola labor", especialmente, en alusión ao BNG. "Somos 75 deputados e podamos chegar aos maiores consensos posibles pero hai algún grupo que só quere instalar o consenso coas propostas que veñen deles", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta