O BNG quédase só co PCPG e a FOGA

Luís Bará e Ana Miranda poden liderar a lista do Bloque por Pontevedra, que repetirá candidatos para as xerais nas outras tres provincias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Xosé Luís Bará Torres será, salvo sorpresa de última hora, o cabeza de cartel do Bloque pola provincia de Pontevedra para o 26 de xuño. O concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra substituirá neste posto a Carme Adán. 

Luis Bará
Luis Bará | Fonte: Adrián Estévez (Estevoaei) wikimedia

A política viguesa renunciara tras os pésimos resultados do 20D e por non compartir a estratexia do Bloque de pechar a porta as mareas.

O nome de Bará, filtrado o martes, ten que ser confirmado no Consello Nacional deste sábado. O propio interesado non confirmou a noticia, pero publicou un chío cunha cita de Castelao a prol das forzas políticas nacionalistas:

Bará é un político cunha longa carreira, fundamentalmente como concelleiro de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e principal referente municipal da UPG, o partido comunista máis numeroso na fronte. A súa escolla mostra como o Bloque insiste na liña -defendida pola UPG- de non pactar con forzas de ámbito estatal.

Si tenta pactar con outras forzas moi pequenas de ámbito galego. O Bloque ultima acordos coa Federación Obreira Galega (FOGA) e o Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) para formar unha lista que planea chamar BNG-Nós Candidatura Galega.

O 20 de decembro presentouse só como parte da coalición Nós Candidatura Galega. Dela formaron as tres forzas xa citadas máis Coalición Galega e o Partido Galeguista. Coa saída destas dous últimos partidos, de ideoloxía de centro-dereita, a nova coalición limítase a forzas de ideario marxista e asume as siglas do BNG como referente principal.

O Bloque citou como causa dos nefastos resultados das xerais a ausencia do BNG das papeletas. Agora tentará volver as cortes con candidaturas que repiten cabezas de cartel (Carlos Callón na Coruña, Noa Presas en Ourense e Olalla Rodil en Lugo) salvo en Pontevedra, onde ademais de Bará pode incorporarse como número 2 Ana Miranda, a eurodeputada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

7 Antiordenadores do AGE

Menudo titular! Que maneira de quedar en evidencia, que pouco respeto tendes pola vosa profesión.

6 Fora lixo expañol da Galiza

Podemos permite en Madrid o maior pelotazo urbanístico da historia do estado español. A operación Chamartin, onde teñen grandes intereses o BBVA, Florentino e mafiosos financieiros coma Soros e Bill Gates, cuia paralización era unha das grandes promesas electorales de Carmena. Expaña niño de latricidas, mercenarios e corruptos da pior calaña. Onde todo deus se vende. Iglesias abandoou IU cando non o deixaron ir de 1º candidato. Agora merca a IU (grazas a quintacolumna trepa de Garzón, Tania, Centella etc persoaxes sen historial de loita na orgaización ou enchufados coma o noxento Centella) comportandose coma un financieiro mafiosillo mais.

5 O Freire

A noticia hoxe, señores de Galicia Confidencial, non parece ser o episodio cento noventa e nove do serial que relata o suicidio do BNG. Iso xa o sabemos. A novidade hoxe, que os demais medios levan en portada, ben sendo que Anova, Compostela Aberta e Mareas en Comun ceden ante IU e Podemos. Que Yolanda e Ruben, xunto con Gomez Reino, Pam e Anxela, se impuxeron a todo un Beiras, co Martiño calado e o Ferreiro entregado. Que a asemblea do domingo non decide nada, que as bases non contan, que todo esta atado e cocido polas cupulas (a falta de tempo era unha excusa). Iso son feitos, non interpretacions. Escondelos amosa o voso triste papel (igual ao do Sermos, igual de "independentes")

1 Comunista

Pois parece que non, O Freire. O teu "bombazo informativo" é un simples peido sen ruido: só fede. http://www.anova.gal/comunicacions/... Bo intento, sorte para a próxima.

2 Leirachá

Todo iso Freire pásache por ler e crer en La Voz de Su Amo. Agora xa rectificaron. Claro que a moitos quédanos a sospeita: será que os de Beiras vendo que serian destapados arranxaron un comunicado rápido? Ou La Voz ten moi malas intencións para atacar deste xeito as Mareas? Haberá que preguntarllo á pelota do editor, dona Pilar García Negro? Cheira que fede o asunto. Eu non me aclaro... e non tolero que os galegos concienciados nos baixemos OUTRA VEZ as calzas ante os do PcE e a sucursal do Noroeste de Podemos!

3 O Freire

http://www.lavozdegalicia.es/notici... O intento en calquera caso sera de La Voz. Espero que non sexa o intento de Anova de tapar as vergoñas o teu comunicado. Os galegos estamos fartos de ser tomados como xoguetes das navalladas e dos chiringuitos da UPG e dos fans de Beiras. Non aturamos outra, estades pisando(nos) os ovos.

4 Antonimus

Non son relixioso, pero hai unha frase nos evanxeos que me parece acertada: "Polos seus feitos coñecerédelos". O que di "La Voz" tamén o escoitei eu nunha emisora. Se que dicides é certo, a espadas están no alto e aínda pode acordarse a fórmula do partido instrumental. Non quero ser agoreiro, pero ese comunicado da Nova paréceme máis ben unha tentativa de salvar a cara, de dicir que non aceptaron pasar a ser parte dun grupo político estatal a cambio de postos. O domingo a asemblea ratificará a fórmula do 20D e entón dirán que "se someten ao resultado da asemblea". Aí poden levantar acta de defunción do nacionalismo político: o BNG finou e o desta volta da Nova é aínda pior que o 20D, daquela non se tiña a certeza de que non se podía constituir grupo, agora sí se sabe e aínda así acéptase. Bueno, podo equivocarme e tragarme as miñas palabras, se o domingo non sae o que dixe imprimo isto e cómoo

4 Comunista

O final o BnG atopou o camiño do BnG: que o BnG conflúa co BnG.

3 antolín o dos cubatas

Co PCPG, a FOG e a CIG