Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2025 | Actualizada ás 18:07
A Plataforma para a Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC), coordinadora do Fondo para a Protección do Lobo Ibérico, interpuxo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un recurso Contencioso-Administrativo para paralizar de "forma inmediata" a caza de calquera exemplar de lobo en Galicia.
Segundo trasladou a entidade nunha nota de prensa, este recurso nace en contra da Resolución do 3 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de Galicia, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control de danos e os regimenes especiais por especies durante a tempada 2024/2025.
Con esta acción xudicial solicitaron a adopción de medidas cautelares que suspendan de forma "inmediata" a caza de calquera exemplar deste animal ata a resolución do contencioso interposto.
Nesta liña, o fondo conta co respaldo de decenas de entidades nacionais e portuguesas e en apenas dúas semanas, desde a creación da campaña de crowdfunding coa que pretenden financiar medidas para a defensa do lobo ibérico, recadaron máis de 32.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.