Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2025 | Actualizada ás 16:23
O sector de estudos das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) rexistrou a taxa de ocupación máis elevada en Galicia en 2024, ao situarse no 79,6%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). Ao lado contrario, artes, humanidades e linguas alcanzaron a maior taxa de paro da comunidade durante o pasado exercicio, ao chegar ao 12,9%.
Pola súa banda, sete de cada 10 traballadores tiñan un posto laboral como empregados ese ano, con superiores e sen persoal ao seu cargo. A porcentaxe de mulleres foi superior neste grupo. O IGE tamén apunta que o 34,7% da poboación ocupada (máis de tres de cada 10 traballadores) traballou polo menos un sábado ao mes e o 20,3% (dous de cada 10) polo menos un domingo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.