Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/05/2025 | Actualizada ás 11:27
Os Premios Arquitectura entran na segunda fase da súa cuarta edición coa presentación das 201 obras escollidas polos Comités de Selección constituídos nos Colexios e os Consellos Autonómicos de Arquitectos. En total, nesta edición, presentáronse 456 propostas que abarcan as distintas disciplinas da Arquitectura.
A listaxe de propostas seleccionadas fíxose en base aos criterios e valores establecidos nas bases dos Premios ARQUITECTURA: universais, culturais e artísticos, profesionais e éticos, valores asociados á innovación, diversificación, divulgación e difusión, así como á rehabilitación, renovación e rexeneración e á permanencia.
Os proxectos seleccionados en Galicia son a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, en Fonsagrada; o Muíño de Porto do Molle, en Nigrán; a Rehabilitación Fondodevila, en Parada de Sil; o Pazo de Martelo, na Coruña; o Ascensor Urbano HALO, en Vigo; o Xardín de Panchés (A casa das silvas), en Panchés; a mellora e acondicionamento do 'Carreiro do Rollo', en Salceda de Caselas; a Praza do Pombal, en Carballo, e a revista 'VAD 11. Los Archivos'. O proxecto de arquitectura efémera Cabane 7L, construído Roma por arquitectos galegos, tamén pasa á seguinte fase.
Os gañadores anunciaranse no transcurso dunha gala, o 3 de xullo en Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.