O Congreso da UPG confirmará o peche da porta ás mareas

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. A UPG, o partido máis numeroso e organizado dos que quedan integrados no BNG, inisite en que o "único camiño" para o pobo galego é o das organizacións propias .

Por M.V. | Pontevedra | 20/05/2016 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

En principio, non se prevén cambios no rumbo ideolóxico da UPG e, en consecuencia, do Bloque. Así, o partido insistirá en negarse a unha alianza coas mareas, que interpreta como unha aposta errada por darlle prioridade “as cuestións sociais, como algo separado das reivindicacións nacionais”.

Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso
Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso | Fonte: cxusto.blogspot.com

En opinión da UPG, a presenza de nacionalistas nas mareas -como ANOVA- non ten influencia dabondo senón “o novo escenario político está condicionado pola presenza de espazos que teñen a esquerda española de referencia fundamental, participados por organizacións galegas, de incidencia decrecente nese ámbito e nunha posición cada vez máis satelizada”.

Cómpre lembrar que as mareas municipalistas abriron outra vez a porta a entrada do Bloque de cara as autonómicas, pois a iniciativa Mareas en Común aprobou dialogar con todos os que queiran botar ao PP.  Tamén o grupo nas Cortes, En Marea, fixo un chamamento ao PSdeG e ao BNG a formar unha mesa común para desaloxar aos conservadores da Xunta.

A UPG critica abertamente ao PP -”executor de políticas antisociais” e que “afonda progresivamente desde o goberno galego no proceso de minorización política da Galiza”- ; pero non parece disposta a alianzas preelectorais para derrotar a Alberto Nuñez Feijóo. O “único camiño” que eles ven para o pobo galego é o de “contar con instrumentos políticos propios e autónomos, sen dependencias externas nin no organizativo nin en canto ás estratexias políticas”.

De cara a organización interna do Bloque, a UPG admite que cómpre “reforzar e perfeccionar” o pluralismo político  da organización. Despois da última Asemblea que elixiu a militante da UPG Ana Pontón como líder, o BNG perdeu voces significativas, como a da maioría dos líderes do colectivo Abrente, máis próximo a socialdemocracia, e algúns alcaldes, como o de Vimianzo. De feito, o único colectivo organizado que queda na fronte, ademais da UPG, é o Movemento Galego ao Socialismo, que foi no seu día unha escisión da propia UPG.

Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG
Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG | Fonte: Terra e tempo

Ante esta situación, a UPG defende para o Bloque “unha organización plenamente democrática, aberta, asemblear e participativa, que funciona sob o criterio de ‘unha persoa, un voto’”. A demanda dos críticos de que no Bloque participen individuos non organizados en partidos, polo de agora non ten eco na formación que dirixe Néstor Rego. No BNG entenden que cómpre incorporar "intereses sociais e posicións ideolóxicas diferentes" que coincidan sempre na necesidade de lograr a "liberdade da nosa Nación".

A nivel de nomes, salvo sorpresa de última hora, Néstor Rego continuará a fronte do partido marxista. O ex-concelleiro de Santiago tomou o relevo hai catro anos do histórico Francisco Rodríguez. 

Bautista Álvarez, nun congreso da UPG
Bautista Álvarez, nun congreso da UPG | Fonte: Terra e Tempo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

18 Antolín o dos cubatas

Supoño que Lores non lles cobra polo uso do Pazo da Cultura. Ali poderemos escoitar ao Amado LIder o Papa Negro, Paco Zarzuelas e a Bautista ( se é antes de xantar que despois xa estará moi prexudicado)

17 Arzúan

Veña camaradas que desta vai!!!Alzade os vosos puños mentras o todo amado lider azota sen piedade as Mareas....

16 vaia vaia

Xa o dicía Castelao: non queremos biberón, queremos mamar na propi teta. Somos galegas e nada lle debemos aos madrileños. Negociase o que sexa e con sen sexa, agás o noso dereito á ser o que somos.

1 Comunista

Por suposto que as galegas non lle debemos nada aos españois ("madrileños" para a bloqueirada), todo o contrario. Porén o BnG débelle á banca española uns 4,7 millóns de €. Iso nótase dende o intre no que o BnG actúa de sicario servil do PpPsoE contra as Mareas. Con razón Blanco-Valdés, Caneiro e La Voz choran pola morte do "amigo" BnG.

2 XanKaraLlás

Vaia, vaia, demagoxia barata e tópico tras tópico. CASTEALO, non sei se o sabes, claro que pactou con partidos da esquerda española non nacionalista, estivo na Frente Popular do 36, ¿sabes? Porque non era im bécil nin se deixaba comer o coco con palabrería valeira. As Mareas están compostas por partidos que -todos eles, e tamén os "españois"- defenden o dereito de autodeterminación, cousa da que o BNG nin falaba ata que xurdiu a AGE, que o fixo espabilar só un pouquiño. Claro, outra cousa é pretender exercer a autodeterminación agora mesmo, que sabemos que é imposible. Non hai alternativa á dereita, ao sistema, ao bipartidismo, nin en Galicia nin no estado español, sen unha alianza entre a esquerda nacionalista de todo o estado e os partidos de esquerdas non nacionalistas, naturalmente sen contar co PSOE, a non ser que aprobase un programa rupturista, cousa que non vai facer.

15 Yo protesto

Quén decía que GC discriminaba a UPG?. Agora mesmo están as praias galegas inzadas de bañistas lendo o artigo da UPG cabeceira do Confidencial

14 Inde Neivy

Podemos é puro entreteñemente un show televisivo, baseado en posturiñas e puro electoralismo. Os ratos que antes de abandoar o Titanic Expaña rabuñan o pouco que queda, camiño dun paradiso fiscal na terra, mentra a orquestra do barco que vai a pique, entreten o persoal. Un madeiro, un operario, un xeneral xenocida, poetas nihilistas reconvertidos en ultra cervantistas, Gordillo, OTAN e Cañameros, reos e xuizes que os condearon, ate califas de última hora. Todo xunto é sen vencello de unión. Podemos mais que un grupo político semella Village People. Teño medo de pensar que en calquer intre se poñan a bailar mentras cantan YMCA (asociación xuvenil ianqui que daba refuxio temporal a sin teito) mentras te botan da tua casa.