O Congreso da UPG confirmará o peche da porta ás mareas

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. A UPG, o partido máis numeroso e organizado dos que quedan integrados no BNG, inisite en que o "único camiño" para o pobo galego é o das organizacións propias .

Por M.V. | Pontevedra | 20/05/2016 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

En principio, non se prevén cambios no rumbo ideolóxico da UPG e, en consecuencia, do Bloque. Así, o partido insistirá en negarse a unha alianza coas mareas, que interpreta como unha aposta errada por darlle prioridade “as cuestións sociais, como algo separado das reivindicacións nacionais”.

Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso
Rego no intre de ser elixido líder da UPG no anterior congreso | Fonte: cxusto.blogspot.com

En opinión da UPG, a presenza de nacionalistas nas mareas -como ANOVA- non ten influencia dabondo senón “o novo escenario político está condicionado pola presenza de espazos que teñen a esquerda española de referencia fundamental, participados por organizacións galegas, de incidencia decrecente nese ámbito e nunha posición cada vez máis satelizada”.

Cómpre lembrar que as mareas municipalistas abriron outra vez a porta a entrada do Bloque de cara as autonómicas, pois a iniciativa Mareas en Común aprobou dialogar con todos os que queiran botar ao PP.  Tamén o grupo nas Cortes, En Marea, fixo un chamamento ao PSdeG e ao BNG a formar unha mesa común para desaloxar aos conservadores da Xunta.

A UPG critica abertamente ao PP -”executor de políticas antisociais” e que “afonda progresivamente desde o goberno galego no proceso de minorización política da Galiza”- ; pero non parece disposta a alianzas preelectorais para derrotar a Alberto Nuñez Feijóo. O “único camiño” que eles ven para o pobo galego é o de “contar con instrumentos políticos propios e autónomos, sen dependencias externas nin no organizativo nin en canto ás estratexias políticas”.

De cara a organización interna do Bloque, a UPG admite que cómpre “reforzar e perfeccionar” o pluralismo político  da organización. Despois da última Asemblea que elixiu a militante da UPG Ana Pontón como líder, o BNG perdeu voces significativas, como a da maioría dos líderes do colectivo Abrente, máis próximo a socialdemocracia, e algúns alcaldes, como o de Vimianzo. De feito, o único colectivo organizado que queda na fronte, ademais da UPG, é o Movemento Galego ao Socialismo, que foi no seu día unha escisión da propia UPG.

Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG
Néstor Rego, actual secretario xeral da UPG | Fonte: Terra e tempo

Ante esta situación, a UPG defende para o Bloque “unha organización plenamente democrática, aberta, asemblear e participativa, que funciona sob o criterio de ‘unha persoa, un voto’”. A demanda dos críticos de que no Bloque participen individuos non organizados en partidos, polo de agora non ten eco na formación que dirixe Néstor Rego. No BNG entenden que cómpre incorporar "intereses sociais e posicións ideolóxicas diferentes" que coincidan sempre na necesidade de lograr a "liberdade da nosa Nación".

A nivel de nomes, salvo sorpresa de última hora, Néstor Rego continuará a fronte do partido marxista. O ex-concelleiro de Santiago tomou o relevo hai catro anos do histórico Francisco Rodríguez. 

Bautista Álvarez, nun congreso da UPG
Bautista Álvarez, nun congreso da UPG | Fonte: Terra e Tempo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

8 comunista independentista

Que entenden nesta seita nociva por "organizacións propias"? Aquelas que só eles controlan? O Bloque, que está completamente condicionado polos 4.300.000 € que aínda debe á banca española? A empresa CIG, que vive subornada polas subvencións españolas? A Alianza Social Galega, controlada polo sindicalismo español? É de risa. Isto debería saír en GC Today.

1 Hiena Pérfida

Pois moi simple, organizacións que teñan o seu centro de decisión na Galiza e non en Madrid, que a súa praxe política estea encamiñada a mellorar as condicións das galegas, e non en responder a tal ou cal estratexia electoral duns señoritos madrileños que entende a cuestión nacional galega como "particularidades territoriales". Curioso o de que botedes en cara o da débeda (que xa foi moito maior) tendo en conta que esa débeda é da época pre-Amio, e por tanto é como mínimo tanta responsabilidade da xente de Anova como da do BNG actual (pero claro, é moi fácil pirarse do partido e deixarlle o marrón aos outros). Tal vez ti prefiras outras organizacións distintas á CIG, como CCOO, esa que defende a permanencia de ENCE e da cal algunha que outra persoa ía con Feijoo e Dorado no iate... Ou o propio partido IU, ese que votou a favor de meter a "Resistencia Galega" na lista de orgs terroristas, iniciando unha vaga de detencións arbitrarias dentro do independentismo...

7 XanKaraLlás

Claro, a UPG xa non debería enganar ninguén, a UPG está para impedir a unidade da esquerda, a UPG está desde hai xa demasiado tempo para servir o sistema da monarquía postfranquista e de mercado. Para que gañe sempre o PP ou o PSOE. Me k-go na UPG.

1 anonimo

Esto tes que facercho ver, eh.

6 Ana

Onte Ramón Grosfoguel parou en V televisión aos defensores do estabelecido, falamos de Roberto Blanco Valdés, o ex comunista que hoxe defende as deputacións clientelares de Baltar, e Xosé Luis Barreiro Rivas, quen fora vice presidente de Alianza Popular e condenado polas loterias (amigo dalgún do BNG, que noxo!!!). Os colonialistas pasarono mal diante do profesor de Berkeley. Por Vía V pasaron Vence, Aymerich, García Negro, Beiras, Jorquera, Pontón, Alexandra, Noriega, Ferreiro... e TODOS agacharon a cabeza ante os servos do capital e do sistema. Vergonzante a incapacidade e a inutilidade dos políticos galegos. Enorme Ramón Grosfoguel, ante os enanos da UPG e de ANOVA!!!

5 Confidencial

Pp PSOE Bng Mareas O menos malo,por suposto!

4 Galiza SI!

As mareyas son podreiros son do peor de expaña como pe$oe 82 estan enganando miserablemente as masas unha cuchipanda de traidores de gazniperos VENDERONSE MOI BARATOS!!!!!