Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2025 | Actualizada ás 12:34
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria da xornada 'Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais', organizada pola Xunta en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.
A xornada terá lugar o 12 de xuño na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e vai dirixido a profesionais dos corpos e forzas de seguridade, da Administración de Xustiza e do Servizo de Vixilancia Aduaneira, entre outros.
O programa divídese en dúas sesións. Na da mañá haberá intervencións centradas na evolución do financiamento e branqueo de capitais procedentes do narcotráfico, o concepto de blockchain e os tipos de criptoactivos e criptomonedas, así como as diferenzas entre eles. Abordaranse tamén o marco legal e as estratexias, ferramentas e técnicas de investigación.
Pola tarde, terán lugar dúas mesas de debate, unha sobre casos reais resoltos polas distintas unidades policiais e outra sobre desafíos, propostas e recomendacións formuladas por representantes do ámbito xudicial, fiscal e membros das forzas e corpos de seguridade do Estado con experiencia directa na loita contra o crime organizado. A duración da xornada é de sete horas.
O obxectivo é que os participantes conten con información específica sobre as metodoloxías que usan as redes do crime organizado, en particular narcotráfico, para ocultar a blanquear as ganancias a través de criptoactivos, así como as estratexias especializadas para a súa detección e intervención.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a partir deste sábado e ata o 9 de xuño ás 14.00 horas a través das direccións electrónicas agasp@xunta.gal e fundacioncontraelnarcotrafico@gmail.com, e do teléfono 900 102 300. O número de prazas dispoñibles é de 80.
A iniciativa conta tamén co apoio e a participación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscalía Superior de Galicia, Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.