Néstor Rego: "Moitas caracterizacións da UPG non se corresponden coa realidade"

O secretario xeral da UPG, que será reelixido este domingo, critica nesta entrevista a ANOVA por presuntamente facerlle o xogo a Podemos en Galicia. Néstor Rego argumenta en contra da disolución dos partidos -UPG e MGS- que siguen integrando o BNG.

Por E.P. | Pontevedra | 22/05/2016 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A Unión do Povo Galego (UPG) celebra este domingo os seus XIV Congreso en Pontevedra, onde goberna o nacionalista e militante desta organización Miguel Anxo Fernández Lores. O seu actual --dende 2012-- secretario xeral, Néstor Rego, reivindica a vixencia do partido no seo do BNG, porque lle dá "pluralidade" á organización frentista, e critica que formacións como Anova (aínda sen mencionala explicitamente), déanlle "lexitimidade" a Podemos "como forza que representa os intereses de Galicia".

Néstor Rego no Congreso da UPG en maio de 2016 en Pontevedra
Néstor Rego no Congreso da UPG en maio de 2016 en Pontevedra | Fonte: Adian R. Twitter

Nunha entrevista concedida a Europa Press, e ante voces no seo do BNG que apostan pola disolución de siglas internas e a participación nesta formación unicamente con afiliación individual; Néstor Rego reivindicou que "o nacionalismo sempre foi plural", en diversos sentidos". "Foi, e é, plural, porque aspira a recoller os intereses dos diferentes sectores sociais, de diferentes grupos, polo tanto, da inmensa maioría de Galicia", continuou.

Por iso, defendeu a presenza do seu partido, no seo do BNG, como marco de unión nacionalista, posto que "hai persoas que teñen diferentes maneiras de pensar" e "diferentes visións do nacionalismo", pero coas que a UPG "pode compartir e concordar na defensa da soberanía de Galicia e da autoorganización e do dereito de Galicia a decidir".

"E dende esa perspectiva, somos partidarios non só de manter o pluralismo, que nos parece un gran valor dentro do nacionalismo, senón de fortalecelo e aumentalo", resaltou o secretario xeral da UPG, formación política os postulados da cal foron historicamente hexemónicos no BNG, formación que está en proceso de refundación, como así aprobou nos seus XV Asemblea Nacional do pasado mes de febreiro.

Preguntado por se, polo tanto, a UPG non ten intención de desaparecer como si apostan outras voces internas, Néstor Rego respondeu que "é evidente que a perspectiva que teñen é a de continuar traballando nese obxectivo común de fortalecer o nacionalismo, que é unha corrente política plural ideoloxicamente, e que, a este, ten o obxectivo e o reto de actuar do xeito máis unitario posible".

"Perfercionar os mencanismos de decisión"

  Ao respecto de se a UPG estaría disposta a facer algún xesto coas persoas que, dalgún modo, lle reprochan a este partido a súa actuación no BNG, Néstor Rego negou as "moitas caracterizacións que non se corresponden para nada en absoluto coa realidade".

 "O BNG é unha organización democrática que funciona de xeito democrático, sobre a base de: unha persoa, un voto. E polo tanto, o que se decide no BNG é o que decide a militancia do BNG, as forzas políticas non temos ningún papel orgánico porque, como digo, é a militancia a que decide sobre a base dos votos individuais", resaltou.

 Dito isto, insistiu en que "non é exacta a visión que se traslada" nos medios", se ben conveu que "hai que perfeccionar os mecanismos da toma de decisións colectiva do BNG, pero sobre a base de que é a militancia a que decide de xeito libre e democrático".

Críticas ao papel de ANOVA

 Nun manifesto público feito pola UPG para este Congreso recóllese que está "claro que o novo escenario político está condicionado pola presenza de espazos que teñen a esquerda española de referencia fundamental, participados por organizacións galegas, de incidencia decrecente neste ámbito e unha posición cada vez máis satelizada".

 A colación desta declaración, preguntado por se considera que Anova cedeu ante Podemos, Néstor Rego apuntou, na entrevista concedida a Europa Press, que "cada cual é responsable das súas actuacións". "E eu insisto, neste contexto en que as dinámicas políticas españolas ten forte presenza e influencia en Galicia, é cando máis necesaria é a presenza do nacionalismo actuante, que sexa capaz de solicitar o apoio social e electoral e, polo tanto, determinar o futuro deste país", proclamou.

 Para o secretario xeral da UPG, "a experiencia dos últimos meses demostrou, de xeito palmaria, que en ausencia de forzas nacionalistas, soberanas, no Congreso, supuxo automaticamente a desaparición da voz de Galicia, que de xeito tan digno e coherente representara o BNG ao longo dos últimos 20 anos".

 "Creo que é unha constatación que fai moita xente decepcionada cunha actuación que se limitou a ser seguidista dos intereses e directrices da dirección madrileña de Podemos (en referencia á coalición En Marea, na que se integrou Anova) e, neste sentido, constatamos que hai persoas que colectivos que empezan a mirar para o BNG como a única garantía de que os intereses de Galicia estean representados e estean defendidos", xulgou.

Referencias a Xosé Manuel Beiras

 Pero Néstor Rego non cre que o capital do nacionalismo dos últimos 30 anos rematara en mans dunha forza con implantación estatal, segundo respondeu ás preguntas. "Eu non quero entrar nese tipo de disquisicións (en referencia a Xosé Manuel Beiras, ao ser preguntado por el). Para empezar, non creo que o capital político do nacionalismo pertenza a unha persoa", contestou.

 "O que si é verdade é que a presenza nese espazo hexemonizado por Podemos de formacións políticas galegas, deulle unha lexitimidade como forza que representa os intereses de Galicia, pero como digo, temos experiencia de seis meses para saber que isto non é así. Cada un debe asumir as súas responsabilidades", advertiu en referencia, sen mencionala, á formación política que lidera Beiras.

 Ao fío diso, asegurou que "hai algunhas voces dentro desa forza política, precisamente nas últimas semanas, que facían unha reflexión similar, aínda que todo parece apuntar que insisten nunha liña que é evidente que non contribúe a fortalecer a posición de autoorganización de Galicia que sempre defendeu o nacionalismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Lex

Este diario dixital xa pudo aforrar esta noticia xa que publicaron as conclusións nun artigo incluso anterior antes de celebrarse o congreso.Para uns demasiados comunistas para outros demasiados capitalistas,para uns moi galeguistas e para outros españolistas, para uns casta e para outros perroflautas...

6 Kili

Hai máis caspa rancia na mesa da foto que nas películas de Santiago Segura.

5 Antons

Seguide asi q acabaredes sendo 4, como a FPG.

1 Xandokas

...pero eses son das vosas Mareas!!! ... jajajajaja......

4 A Tahona

Todos cantos hai detras de Nestor Rego, agá o Papa Negro, son mantidos e vividores da política. Algúns como o heredeiro de Suso Seixo( Paulo Carril), inútiles totais. Por certo xa renuncióu Paco Rodriguez ao Plan de Pensións do Parlamento ESPAÑOL ou segue cobrando a MAMANDURRIA

1 Xandokas

Francisco Rodríguez Sánchez, é doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compocstela e exerceu como profesor de lingua e literatura española no bachelerato, en varios Institutos (A Estrada-Ferrol) ata o ano 1993. Polo tanto "currou" e cotizou, ....

3 Balbino Fernández

Nestor Rego, "la arruga es bella" pola afección e dedicación, cando concelleiro en Compostela, as tendas do modisto explorador e amigo do psoEspañol -o partido para o que traballa na sombra a UPG-, non quere perder o control do chiringuito. Antes extinguirse, o suicidio do BNG, que compartir o poder no reparto da tarta. Iso si, acerta co Beiras, agora deixou de servir o leninismo compostelano da UPG para entregarse ao leninismo do centralismo español de Podemos. Felices até os da FPG, independentistas -permitan que me ria-, coa Alexandra e o Fernán Vello coa barriga chea grazas a España. Será tempo de superar UPG e Anova, deixemos de ser tutelados!!!

1 Hixinio

Máis opinións de Balbino Fernández https://www.youtube.com/watch?v=w7a...

2 Balbino Fernández

Hixinio? Non serás Hixinio en louvanza do ilustre e señor noso vendido a España don Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado? Os servos son sempre tan agradecidos que adotan o nome do amo! Que desespero! Tantos anos entregados ao Bloque e agora como apagamos tantas páxinas da incómoda historia personal? E se Beiras vira a chaqueta outra vez, que será dos domésticos Hixinios?