Condenado un home por afeitarlle as cellas e abusar da súa parella mentres durmía

Foi condenado a a dous anos e catro meses de cárcere.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/05/2025 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) acolleu o recurso interposto polas acusacións contra a sentenza da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a un home a dous anos e catro meses de cárcere, así como a vinte días de localización permanente, por rasurarlle as cellas e cortarlle o pelo á súa parella mentres durmía. En concreto, o tribunal de primeira instancia considerouno autor dun delito contra a integridade moral, coa agravante de discriminación por razón de xénero; dun delito de lesións sobre a muller, coa agravante de reincidencia; e dun delito continuado de vexacións inxustas, concorrendo, en todos os casos, a atenuante de alteración por consumo de alcol e pastillas. O TSXG confirma as penas impostas respecto a eses tres delitos, pero tamén o considera autor dun delito de abuso sexual, coa concorrencia da atenuante analóxica de estado de embriaguez, polo que lle impón dous anos de prisión.

Xuízo por abusos sexuais celebrado na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra
Xuízo por abusos sexuais celebrado na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra

A sala explica que non se vulnera o principio acusatorio, pois “ao tratarse dun delito homoxéneo, menos grave que o definido polas acusacións, agresión sexual con penetración, os feitos que o conforman se atopan recollidos na acusación máis grave, polo que a defensa tivo pleno coñecemento deles e, en consecuencia, púidose defender, como fixo, ata extremo de alcanzar unha sentenza absolutoria en primeira instancia”. Así, os xuíces salientan que “a cualificación, segundo se declararan probados uns feitos ou outros, como abuso, por falta de consentimento, tamén se atopa implicitamente recollida na acusación e foi debatida, de modo que non xera sorpresa algunha e a pena, resulta obvio, é inferior á solicitada”.

Por outra banda, os maxistrados rexeitaron o recurso presentado polo acusado contra a sentenza condenatoria da Audiencia Provincial da Coruña, alegando erro na apreciación da proba en cada un dos tres delitos polos que resultou condenado. O fallo do TSXG non é firme, pois cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

CONDENA POR VIOLACIÓN

Por outra banda, a sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos de prisión a un home por violar, en xuño de 2020 nun hotel da cidade, a unha muller de 21 anos coa que o mes anterior iniciara unha relación sentimental. O tribunal considerouno autor dun delito de violación por agresión sexual con acceso carnal por vía vaxinal e anal, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademais, impúxolle a prohibición de comunicarse e de aproximarse á vítima durante cinco anos, así como o pago dunha indemnización de 6.000 euros polos danos morais que lle causou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta