O PPdeG contrapón o "éxito" en Ferrol co "espectáculo" dos gobernos de Santiago, Lugo ou A Coruña

Reivindica que chega ao ecuador de mandato local gobernando na metade de municipios e "subindo" nas urbes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2025 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O PP galego reivindicou, na chegada ao ecuador dos mandatos municipais, que, a día de hoxe "xa goberna na metade dos concellos de Galicia e segue subindo en apoio nas cidades". Ademais, ratificou a ambición de "conseguir dentro de dous anos máis gobernos fortes, estables e en maioría".

Segundo informaron nun comunicado, o Comité de Cidades do partido reuniuse estes días co obxectivo de "compartir os proxectos das diferentes urbes e facer sinerxías", ademais de analizar os resultados das últimas enquisas que apuntan a que, neste momento, o apoio ao proxecto do PP "é xa maior ao de 2023 nas cidades galegas e, ao mesmo tempo, mantense como o partido líder en cinco do sete urbes".

"Non nos conformamos e queremos consolidar as nosas maiorías. Porque esa será a única forma de que os pactos de perdedores do PSOE e do BNG non sigan traendo espectáculos e inestabilidade", destacou a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, en referencia á situación política en Santiago, Lugo ou A Coruña, á vez que contrapuxo o exemplo de "proxecto de éxito" do PP en Ferrol.

REY VARELA: "NON QUEREMOS PERDER O TREN DO FUTURO"

O coordinador do Comité de Cidades e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tamén fixo referencia ás enquisas electorais e explicou que "a baixa doutros partidos é o resultado da falta de estabilidade e de proxecto dos seus gobernos municipais e dos desacordos permanentes cos seus socios". Unha situación que, na súa opinión, supón un "lastre" que está "a paralizar" esas cidades.

Todo o contrario, defendeu, sucede en Ferrol, onde "esas mesmas enquisas mostran que os veciños e veciñas están moi satisfeitos e valoran positivamente a estabilidade" que lles ofrece o goberno que encabeza Rey Varela. De feito, incidiu en que, de celebrarse hoxe as eleccións municipais, o PP "vería incrementada a súa confianza nesta cidade".

Reunión do comité das cidades do PPdeG
Reunión do comité das cidades do PPdeG | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Emilio

De Ourense non din nada?