Retencións na A-6 despois de envorcar un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa en Aranga

O Consorcio Provincial de Bombeiros trasladou que ao momento se desprazaron efectivos do parque de Betanzos e que se habilitou un desvío pola N-6, á altura do 560

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2025 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa envorcou na tarde deste mércores no quilómetro de 553 da autovía A-6, en Aranga. O condutor, que foi auxiliado por varios particulares no punto, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, varias persoas alertaron do suceso sobre as 14,40 horas e explicaron que o camión cortaba por completo a circulación en sentido Madrid.

Pola súa banda, o Consorcio Provincial de Bombeiros trasladou que ao momento se desprazaron efectivos do parque de Betanzos e que se habilitou un desvío pola N-6, á altura do 560.

O suceso provocou importantes retencións e numerosos camións permanecían detidos á espera de poder retomar a circulación.

Retencións na A-6, en Aranga (A Coruña), ao envorcar un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa. CONSORCIO BOMBEIROS
Retencións na A-6, en Aranga (A Coruña), ao envorcar un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa. CONSORCIO BOMBEIROS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta