Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2025 | Actualizada ás 10:16
As vendas do comercio polo miúdo en Galicia rexistraron un avance interanual do 2,9% en abril, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Esta cifra supón un subida sete décimas inferior á media estatal, xa que no total de España a facturación do comercio comerciante polo miúdo subiu un 3,6%.
No que vai de ano, o comercio polo miúdo galego viu crecer as súas vendas un 1,6%, mentres que a nivel estatal a subida foi do 2,6%. En cando á ocupación, en Galicia creceu un 0,2% en comparación con abril de 2024 e un 0,6% desde xaneiro. En toda España, o incremento foi do 1,2% en ambos os casos.biron un 0,7%, fronte ao estancamento que sufriron o mes anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.