Marín e Pontevedra estarán unidas por unha senda peonil nun ano

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2025 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A senda que permitirá ir a pé de forma "totalmente segura" entre as localidades de Pontevedra e Marín, que conta cun investimento de 6,2 millóns de euros, estará finalizada en dez meses. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, fixo este venres unha visita á obra entre Mollavao e Os Praceres que, despois de oito meses de traballo, leva o 12% de certificación en canto a importe pero "vai en tempo".

"Imos conforme ao cronograma fixado", tranquilizou Martínez Allegue, a expensas das autorizacións que ten que dar o ADIF e Costas do Estado que condicionan o ritmo dos traballos e tamén a apertura do aparcadoiro disuasorio construído que espera por unha autorización da compañía correspondente para cambiar a liña eléctrica. Condicionada por esas autorizacións, a UTE formada polas empresas S0S e Oresa está a executar en catro tramos as obras de construción desta nova senda entre Mollavao e Os Praceres pola marxe dereita da estrada PO-546, que une Pontevedra con Marín, a coñecida como estrada vella a Marín.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lembrou que esta actuación posibilitará habilitar un itinerario de 3,5 quilómetros de lonxitude, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, que se complementará co aparcadoiro xa construído, un miradoiro e un parque infantil, entre outros equipamentos.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, fixo este venres unha visita á obra entre Mollavao e O Praceres
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, fixo este venres unha visita á obra entre Mollavao e O Praceres | Fonte: JAVI CERVERA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta