Prometeu amor, pediu cartos: xulgado por estafa en Ourense

O home utilizou supostos comisarios, xuíces e chantaxe emocional para manter a estafa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A Audiencia de Ourense xulgará o vindeiro mércores a un home que se enfronta a tres anos de prisión por estafar un total de 156.000 euros a unha muller, á que coñeceu por Internet. Segundo o escrito da Fiscalía, os feitos producíronse en 2020, cando o acusado comezou a establecer contacto coa denunciante, para posteriormente "pedirlle cantidades de diñeiro con distintos motivos de saúde e xudiciais", que eran entregadas "tanto persoalmente como deixando a contía nunha cafetaría".

O procesado, utilizou a "diferentes persoas" que "aparentemente tiñan cargos relevantes" como "un comisario de policía, a Secretaría xudicial dun xulgado de Ourense e un xuíz". Ademais, "ameazaba á vítima con contarlle ao seu marido e ao seu fillo sobre a súa relación". Con todo, a Fiscalía pide unha pena de tres anos de prisión, así como a indemnización á vítima de 156.000 euros, cos intereses legais do artigo 576 da lei de enjuiciamiento civil.

Audiencia provincial de Ourense
Audiencia provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta