O capitán do narco barco Karar e outros 3 acusados saen de España a pesar da prohibición de facelo

Están a espera de xuízo polo macroxuízo do alizo de 3,8 toneladas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/09/2025 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Catro dos acusados do macroxuízo polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína do Karar, entre eles o capitán do buque e polo menos un tripulante, saíron de España a pesar de que tiñan prohibido facelo e retirar o pasaporte. Este catro acusados, xunto con outras 24 persoas procesadas neste procedemento (entre elas o arousán Juan Carlos Santórum e varias persoas da súa contorna), están pendente de sentenza por este alixo, interceptado en abril de 2020, tras un macroxuízo celebrado na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo informaron fontes xudiciais, a Audiencia Provincial tivo constancia da saída de España deste catro persoas a través da División de Cooperación Internacional, debido a que saltou a alerta en aeroportos. Todos eles, en situación de liberdade provisional (tras pasar 4 anos en prisión provisional) teñen vixente, como medida cautelar, a prohibición de saír do territorio nacional e a retirada do pasaporte. Desde a Audiencia Provincial deduciuse testemuño dos feitos aos xulgados que estivesen de garda en cada momento por se incorresen nun delito de quebrantamento, segundo sinalaron desde o TSXG.

Das catro persoas 'fuxidas', un é o capitán da nave, de Bangladesh, que no xuízo recoñeceu que sabía que o seu barco ía trasladar cocaína ata as rías galegas. O Karar saíu de Panamá e cargou os fardos coa droga fronte ás costas de Colombia, antes de dirixirse ao seu destino; durante a súa singradura, en plena pandemia de Covid, o encargado de controlar ese cargamento era o galego José Manuel B.G., único español entre os 15 tripulantes (o resto son de Bangladesh e Nepal).

Vista xeral da primeira xornada do macroxuízo, en Vigo,  polo alixo de 3,8 toneladas de cocaina do buque MV Karar / Adrián Irago - Arquivo / Europa Press
Vista xeral da primeira xornada do macroxuízo, en Vigo, polo alixo de 3,8 toneladas de cocaina do buque MV Karar / Adrián Irago - Arquivo / Europa Press

Á AGARDA DE SENTENZA

O macroxuízo por este transporte de droga quedou visto para sentenza en febreiro pasado, despois de 10 meses de vista, máis dunha trintena de sesións e case 80 declaracións. O fiscal modificou as súas conclusións na súa intervención final e rebaixou de 13 a 7 anos e medio de cárcere a petición de pena para os tripulantes do Karar, acusados de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

No caso de Juan Carlos Santórum, dos acusados da súa contorna e do resto de procesados, o ministerio público mantivo a súa petición: 18 anos e medio de prisión para o arousán e 438 millóns de euros de multa; 19 anos e medio de cárcere para un exfuncionario de Aduanas e a súa muller (a quen tamén se lles imputa un delito de branqueo); 15 anos e medio para José Yamandú R.G. (por imputarlle tamén un delito de tenencia ilícita de armas); e 13 anos e medio de cárcere para o resto (Fidel F.B., Sergio F.O., Ricardo S.N., Xosé Emilio R.C., os irmáns Marcos e Pablo G.C., Ismael C.B., Braulio V.V., e René R.R.).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta