Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2025 | Actualizada ás 15:16
A Xunta e o seu presidente súmanse á opinión doutros grandes líderes europeos, da esquerda, da dereita e de centro, que criticaron duramente a Israel e pediron que pare a súa operación bélica. Algúns destes países consideran xa que o que está acontecendo na franxa palestina é un auténtico "xenocidio".
Alfonso Rueda foi preguntado polo incremento da violencia do Exercito israelí, os desprazamentos de poboación e a falta de alimentos para a poboación que están provocando desnutricións e mortes por fame en Gaza. "Cre que Israel, como xa teñen apuntado outros países europeos, ten que cesar na súa política que algúns políticos teñen calificado xa de "xenocidio"?. "Si, rotundamente si", foi a escueta respuesta do presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Previamente, Rueda xusficara o encontro de representantes do seu goberno co embaixador de Israel en funcións a pasada semana en Santiago de Compostela. "Levamos desde que se iniciou a automía recibindo delegados diplomáticos", xustificou. Así, e tras as protestas de numerosos colectivos e tamén do BNG, o presidente galego insistiu en que a ese encontro foi un "director xeral", o de Exteriores, tras recibir unha petición da embaixada. "É unha reunión cun país co que hai relacións diplomáticas e foi un encontro normal, como recibimos a moitisimos embaixadores", xustificou.
Con todo, aproveitou para criticar duramente aos colectivos e partidos políticos que se opuxeron públicamente a este encontro. "Respectamos todas as opinións pero, lecións de ética e de moral, ningunha", dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.