Nove municipios están á espera da adxudicación de zonas portuarias ao Estado

A Xunta ten o "compromiso" de deixar listo o último terzo destes 26 concellos neste ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2025 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O presidente de Portos, José Antonio Álvarez Vidal, informou ao Parlamento do proceso de reversión ao Estado de terreos portuarios na comunidade galega: un terzo está xa "en mans do Estado", outro "a punto" de terminar a tramitación coa intención de que estea acabada antes de que chegue o verán.

Porto fluvial de Ponteceso
Porto fluvial de Ponteceso | Fonte: Páxinas Galegas


Así o destacou nunha comparecencia en comisión parlamentaria --na de pesca e marisqueo-- na que fixo balance da proposta de reversión ao Estado de terreos portuarios. Segundo destacou, trátase de zonas verdes, xardíns, alamedas, parques... "Non só, pero principalmente". Zonas que "polo seu uso continuado" deixaron "de ser parte da operativa portuaria e que para as distintas vilas son espazos necesarios", indicou.

Neste sentido, apuntou ao estudo de 26 concellos "que confirmaron que nin existía nin había previsión de existencia de necesidade para operativa portuaria" nesas zonas e engadiu que "de feito hai algún que poden entenderse singulares porque son instalacións íntegras": os casos do porto fluvial de Ponteceso e a rampla de Santa Cruz en Oleiros.

O responsable de Portos remitiu á reunión celebrada coa Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) en novembro e subliñou o consenso alcanzado nun proceso "longo, complicado".

Por parte da oposición, a nacionalista Rosana Pérez sinalou que foron "nove primeiro" e "oito despois" para lamentar que "aínda" quedan outro nove municipios. O socialista Carlos López Font criticou a forma en que se produciu a comparecencia, en relación á falta de información trasladada aos grupos. Na quenda do PP, Miguel Fidalgo aplaudiu ao titular de Portos por un proceso "modélico", remarcou que "agora lle toca á outra administración" e esperou que estea "á altura e cumpra cos concellos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta