Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2025 | Actualizada ás 12:05
O incremento disparado das execucións de vivendas en Galicia contrasta cunha subida interanual de só o 2,4% no ámbito estatal. En comparación co cuarto trimestre de 2024, tamén hai un aumento na comunidade galega, neste caso do 37,5% fronte ás 104 execucións dos tres meses anteriores.
Destas 143 vivendas, 99 son de persoas físicas, 23 máis que hai un ano (+30%). A elas súmanse 44 de persoas xurídicas. Case todas eran de segunda man (139) e só catro novas. Ademais, no primeiro trimestre do ano iniciáronse execucións hipotecarias na comunidade nun total de 257 leiras, onde se inclúen as 143 vivendas.
En España, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas habituais situouse en 2.426 no primeiro trimestre do ano, cifra un 5,3% inferior á do trimestre anterior, pero un 2,4% superior á do mesmo trimestre de 2024.
O obxectivo principal desta estatística do INE é ofrecer trimestralmente o número de certificacións de execucións hipotecarias iniciadas e inscritas nos Rexistros da Propiedade durante o trimestre de referencia. O INE lembra que non todas as execucións de hipoteca terminan co desafiuzamento dos seus propietarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.