Cae a venda de vehículos usados en Galicia un 10,7 % en maio

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/06/2025 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A venda de vehículos usados caeu un 10,7% en Galicia no mes de maio, segundo os datos feitos públicos este xoves pola Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (ANCOVE). Así, do total de unidades vendidas, 9.136 foron turismos (un 12 % menos) e 1.660 foron furgonetas (un 2,9 % menos). Por provincias, na Coruña vendéronse 4.049 vehículos (-15,5 %), en Lugo vendéronse 1.554 (-3,6 %), en Ourense vendéronse 1.211 unidades (-11,6 %) e en Pontevedra rexistráronse 3.982 vendas (-7,8 %).

No conxunto de España, as vendas tamén caeron en maio, un 5,7 %, rexistrando 203.908 operacións (174.198 turismos e 29.710 vehículos comerciais). Os descensos acumulados de abril e maio reducen o acumulado do ano ao 2,1 % (1.027.945 vehículos) sobre o mesmo período de 2024.

Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Prensa Expourense
Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Prensa Expourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta