Arbo revive os graves lumes de 2016.... pero en simulacro

A Xunta realizou un simulacro e Activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2025 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron este venres nun simulacro de Activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) e o seu paso a situación 2 por un incendio de alta intensidade e con afectación á poboación e vivendas.

En concreto, neste exercicio desenvolvido en Arbo recreouse unha situación de emerxencia similar a un incendio de 2016, que afectou a varias parroquias da contorna, co obxectivo de "avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes".

O simulacro comezou ás 10,00 horas coa alerta inicial dun lume na parroquia de Mourentán e o escenario foi escalando desde as actuacións iniciais do Peifoga ata a declaración de situación operativa 2 "polo incremento do risco para persoas e vivendas dos núcleos da Rocha e Godón".

Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, no exercicio participaron sete técnicos e axentes forestais, seis brigadas, un batracio e cinco motobombas da Consellería do Medio Rural, así como bombeiros de Ponteareas, Mos e efectivos voluntarios do municipio portugués de Melgaço.

Gran incendio en Arbo
Gran incendio en Arbo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta