Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025 | Actualizada ás 18:13
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 10 un xuízo contra un home por vexar e denigrar a certos usuarios das instalacións deportivas de Dorneda, no municipio coruñés de Oleiros, por razón da cor da súa pel.
Segundo recolle o escrito de cualificación fiscal, proferiu cara a outra persoa, en xuño de 2022 e en reiteradas ocasións diante dos demais usuarios e monitores do centro, así como de menores de idade, expresións como "negro de merda, volve en patera, vai a África" tendo que intervir o monitor da sala.
Días despois, o acusado atopouse con esta persoa e pediulle desculpas, pero ao contestarlle este con un "ok", volveu reiterarlle os mesmos insultos e expresións, tendo que intervir o monitor. O mesmo fixo nos vestiarios con outro home, que se atopaba cos seus fillos de pouca idade. Isto motivo que fose expulsado do centro.
Fiscalía cualifica os feitos como constitutivos de dous delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas en concurso con dous delitos contra a integridade moral. Por iso, pide unha pena de 20 meses de prisión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.