Rescatadas dúas persoas inconscientes en menos de media hora en dúas praias de Cangas

As dúas foron atopadas flotando, unha na praia de Nerga e outra na Praia de Barra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas este sábado en dúas praias do municipio pontevedrés de Cangas nun intervalo de menos de media hora. Segundo informa o 112 Galicia, os equipos de emerxencia interviñeron tras recibir avisos de dúas persoas en perigo na auga, con apenas 25 minutos de diferenza entre un caso e outro.

A primeira alerta produciuse ás 17.40 horas, cando un particular chamou ao 112 para informar de que acababan de atopar a unha muller flotando na auga da praia de Nerga, na parroquia de O Hío. Así mesmo, indicaron que lograran sacala á area e que, nese momento, estaban a practicarlle manobras de reanimación cardiopulmonar.

Deste xeito, o 112 informou o Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado para trasladalo ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tamén se informou a Salvamento Marítimo, Gardacostas Galego, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

Helicóptero medicalizado atendendo a unha persoa nunha praia
Helicóptero medicalizado atendendo a unha persoa nunha praia | Fonte: 061

25 MINUTOS DESPOIS OUTRA ALERTA

Tan só 25 minutos despois, ás 18.06 horas, os xestores do 112 recibiron unha nova alerta, tamén en Cangas, esta vez desde Praia de Barra. Neste caso, a persoa que contactou co servizo informou de que, mentres navegaba nun veleiro, atopara a un home flotando na auga.

Así, a tripulación tentou subilo a bordo, sen éxito, ata que finalmente lograron rescatalo cunha embarcación auxiliar para levalo a terra. Tamén indicaron que o home estaba inconsciente. Neste segundo caso tamén se informou aos equipos de emerxencia citados, sendo nesta ocasión o helicóptero Pesca-I o encargado de trasladar ao home ao mesmo hospital.

Cabe destacar que as forzas da orde traballan para esclarecer as circunstancias de ambos os incidentes, segundo os primeiros indicios, non existe relación entre as dúas persoas nin os feitos ocorridos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta