Detido tras roubar un autobús e chocar contra unha ponte do século XV

O incidente tivo lugar en Noia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

A Policía Local de Noia, en colaboración coa Garda Civil, detiveron a un home que roubou un autobús e chocou contra varios vehículos e contra a ponte de Traba, do século XV.

Segundo apuntaron fontes coñecedoras dos feitos a Europa Press, o suceso produciuse sobre as 12.30 horas deste sábado cando o home roubou o vehículo na estación de autobuses.

Desta forma, sentado no asento do condutor chocou contra varios vehículos e causou danos na ponte. Nese punto, o home baixouse do autobús e tentou escapar, pero foi detido.A Policía Local é encárgaa de instruír as dilixencias.

Ponte de Traba, do século XV, en Noia
Ponte de Traba, do século XV, en Noia | Fonte: noiaturismo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta