Aparece o corpo sen vida dun home flotando no mar na Guarda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2025 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia interviñeron no rescate dun home que foi atopado sen vida flotando no mar preto da praia de Fedorento, na parroquia de Salcidos, na Guarda. Segundo informa o 112 Galicia, tivo constancia deste suceso ao redor das 12.50 horas tras recibir a chamada dun particular, quen alertou da presenza dunha persoa flotando na auga, a uns seis metros das rocas.

Deste xeito, o centro de atención de emerxencias activou un operativo no que participaron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, o GES, a Garda Civil e o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao chegar ao lugar dos feitos, os equipos recuperaron o corpo e iniciaron as manobras de reanimación. Así mesmo, mobilizouse o helicóptero Pesca I ante a posibilidade de que a marea crecente dificultase o acceso á zona onde se realizaban os labores de asistencia. Con todo, e pesar dos esforzos do persoal médico, nada se puido facer para salvar a súa vida.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta