Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2025 | Actualizada ás 13:03
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle na súa publicación deste martes a fixación da época de perigo alto de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2025. Segundo destacan, as análises espazo-temporais dos incendios forestais en Galicia nos últimos 20 anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria.
En base a isto, apuntan que deben considerarse como épocas de perigo alto de incendios: unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro; e unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo, abril, xuño e outubro. "Nestas épocas, o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco", recollen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.