Tensión entre a Xunta e o Goberno polo alarmismo coas vivendas de uso turístico

A Xunta de Galicia remitiu un escrito no que resalta a “falta de criterio” na criba das VUT (Vivendas de Uso Turístico).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia remitiu un escrito ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para reiterar a "falta de vontade real" de colaboración institucional por parte do Goberno, ao que acusou de xerar unha "alarma infundada" sobre supostas ilegalidades en vivendas de uso turístico en Galicia.

Na carta, dirixida ao titular do Ministerio, Pablo Bustinduy, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, trasladoulle a "falta de rigor xurídico e inoperatividade" da listaxe de Excel que enviou o Goberno de España hai unhas semanas con datos en bruto e "directamente extraídos dunha única plataforma de reservas de aloxamento sen aplicar unha depuración ou selección". En concreto, na carta destaca que a "falta de criterio" na criba fai que aparezan non só vivendas de uso turístico, senón distintas tipoloxías de aloxamentos cualificadas e rexistradas correctamente no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT/RITGA).

Sinala tamén que se trata dun documento con "numerosas dificultades de identificación das vivendas e distintos erros e imprecisións que fan que o documento non sirva para o traballo diario da inspección turística galega". Así, o director de Turismo de Galicia lamenta a "alarma social infundada" creada polo Goberno sobre as VUTs e apela á responsabilidade.

Lembra ademais que a Xunta, con competencias exclusivas en materia de turismo, "xa vixía e actúa sempre ante as ilegalidades" a través do corpo de inspección turística, especificamente sobre as vivendas de uso turístico desde 2017 en que se aprobou o decreto autonómico. Explica que traballan no marco do Plan de Inspección Anual da Xunta e que actúan "sempre" que detecta unha ilegalidade ou irregularidade debidamente acreditada e, de ser o caso, inician o expediente sancionador que podería derivar nunha sanción tipificada na Lei de Turismo. "Non escatimamos esforzos na supervisión e inspección", recalca, á vez que lembra que só o ano pasado realizáronse 4.000 actuacións, sempre preservando "a seguridade e calidade no ámbito turístico".

Cartel de Vivenda de Uso Turístico (VUT)
Cartel de Vivenda de Uso Turístico (VUT) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta