O Materno-Infantil de Ourense será derrubado para "construír un novo"

O xerente do servizo galego de saúde (Sergas), José Ramón Parada, advertiu de que a sanidade galega "cae a cachos, literalmente", en referencia ao derrube de parte do teito en marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O xerente do servizo galego de saúde (Sergas), José Ramón Parada, ratificou que "a decisión da Xunta sigue sendo, como se corroborou en abril, a de demoler o edificio actual e construír un novo que permita unha infraestrutura moderna", en relación ao Hospital Materno-Infantil de Ourense.

Sinalouno na comisión de economía do Parlamento, ante a pregunta da deputada do BNG Noa Presas sobre o grao de execución do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e as previsións orzamentarias relativas á construción dun novo edificio para o Materno-Infantil.

Na súa intervención, Presas advertiu de que a sanidade galega "cae a cachos, literalmente", en referencia ao derrube de parte do teito en marzo.

Ese "desprendemento", segundo o xerente do Sergas, debeuse ao "deteriorado material dos falsos teitos" e á intervención realizada "nos pasados anos" para instalar condutos de aire acondicionado. "O que é certo é que o persoal técnico analizou o inmoble corroborando a súa estabilidade estrutural", engadiu.

Ademais, indicou que as "obras de emerxencia comezaron en abril", van a "bo ritmo" e está prevista a súa finalización en xullo deste ano.

CHUO
CHUO | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta