Vertex Bioenergy recibe luz verde para unha nova planta de biometano e fertilizantes en Curtis

As instalacións proxectadas localízanse no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, nunha área contigua ás instalacións de produción de bioetanol do mesmo promotor, na actualidade en funcionamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves o anuncio polo que fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de planta de produción de biometano e fertilizantes de Bioetanol de Galicia (Vertex Bioenergy) en Curtis.

As instalacións proxectadas localízanse no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, nunha área contigua ás instalacións de produción de bioetanol do mesmo promotor, na actualidade en funcionamento.

Segundo o documento, que recolle Europa Press, o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra o recolleito no estudo de impacto ambiental e o condicionado e programa de vixilancia que figuran nel.

A declaración de impacto ambiental a firma a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade con data do pasado 28 de maio de 2025.

DÚAS LIÑAS DE TRATAMENTO

En concreto, o promotor do proxecto é Bioetanol de Galicia e o obxecto, a execución dunha planta de valorización de residuos orgánicos procedentes das actividades gandeiras e as industrias agroalimentarias, mediante dixestión anaerobia, para a produción de biometano que incorporará á actual rede de gas.

O proceso de obtención do biometano contará con dúas liñas de tratamento diferenciadas en función dos residuos que se van a tratar e do destino do dixerido obtido (elaboración de fertilizantes, lodo tratado ou entrega a xestor de residuos).

A conselleira de Economía e Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, visita as instalacións de Vertex Bioenergy.. VERTEX BIOENERGY
A conselleira de Economía e Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, visita as instalacións de Vertex Bioenergy.. VERTEX BIOENERGY

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta