Temas: IMAXE

Fotógrafos galegos convertidos en peregrinos retratan o Camiño de Santiago

A exposición “Via Iacobitana” percorrerá diversas cidades de Galicia, en concreto Santiago de Compostela, Pontevedra, Ribadeo, Fene, Pontedeume, Valdoviño e Ourense para amosar o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 03/06/2016 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Farao a través de imaxes realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa particular visión do Camiño e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.

Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana
Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana | Fonte: xunta.gal

A través das imaxes poderanse contemplar diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran desde a óptica persoal de cada autor, que lle imprime personalidade.

O director de Viaqua, Julio Masid Bande, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro asinaron hoxe un convenio de colaboración para o financiamento desta mostra fotográfica itinerante sobre o Camiño de Santiago, que xa estivo noutros lugares como no Congreso.

Os organizadores destacan que a través destas imaxes, contémplase o Camiño en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes e o legado cultural que atesoura dende a óptica persoal do autor, que lle imprime personalidade.

Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta