Proxecto Spin&Up, ou como crear empresas dende as universidades galegas e lusas

O obxectivo deste proxecto é achegar valor a través da mellora e a creación de proxectos de desenvolvemento empresarial asentados en procesos de innovación constrastados no ámbito a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Por GC Emprende | Santiago | 06/06/2016 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O reitor Juan Viaño participará este martes 7 na apertura das xornadas de presentación do Proxecto Spin&Up, concibido para estimular e favorecer a transferencia bidireccional entre o tecido empresarial e o universitario de coñecementos e tecnoloxía. 

Juan Viaño, candidato a reitor
Juan Viaño, candidato a reitor | Fonte: compostimes.com

O proxecto celebrará este martes no edificio Cersia unha xornada na que participarán respresentantes universitarios e do tecido empresarial de Santiago así como de Minho. A xornada comezará ás 10.00 horas coa asistencia, ademais do reitor compostelán, do alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez; do presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel Noya; do director xeral de TecMinho, Augusto Ferreira; e do presidente de AlMinho, António Marques. Deseguido, o conselleiro delegado da incubadora de empresas da USC –Uninova-, José Manuel Cotos Yáñez, realizará unha presentación do proxecto ao que seguirán as intervencións de Mónica Suárez Gómez e Fernando Rafael Pardo Seco, de Uninova e da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), respectivamente, falando sobre innovación aberta e propiedade industrial. 

A xornada completarase cunha mesa redonda sobre as vantaxes e inconvenientes da relación Universidade-Empresa, que contará co testemuño do secretario xeral do grupo Finsa, José Carballo García; a catedrática e coordinadora do grupo BioFarma, Mabel Loza García; o director xeral de Estratexia da Cooperación de Televés, José L. Fernández Carnero; e a integrante do grupo de Aplicacións Enerxéticas Sustentables, a profesor María Ángeles López Agüera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta