Evacuadas cinco persoas tras un choque en Cerceda (A Coruña)

A evacuación produciuse tras o choque dun turismo e un camión. Un dos implicados foi trasladado en helicóptero.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/06/2025 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Cinco persoas tiveron que ser evacuadas, unha delas en helicóptero, tras chocar un turismo e un camión na AC-413, ao seu paso polo municipio coruñés de Cerceda. Segundo indicou o 112 Galicia, consultado por Europa Press, o suceso produciuse sobre as 13.30 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Unha vez no lugar, os Bombeiros tiveron que excarcerar a dúas persoas que viaxaban no turismo e axudar a saír a outra. En total, trasladaron a cinco persoas, unha delas en helicóptero e os outros catro en ambulancia.

Accidente en Cerceda.
Accidente en Cerceda. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta