Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2025 | Actualizada ás 09:37
Un vehículo en chamas provocou durante a tarde deste luns un pequeno conato de incendio na Cañiza, aínda que o lume xa foi controlado, segundo detallou a Consellería do Medio Rural.
Pola súa banda, o 112 Galicia explicou que ao redor das 19.30 horas chegoulles o aviso de que un coche estaba a arder na A-52, á altura do quilómetro 269. Por iso, mobilizouse a Garda Civil Tráfico --de feito, a autovía chegou a estar cortada momentaneamente en dirección Vigo--, ao GES de Ribadavia e aos bombeiros de Ponteareas. Así como a un axente, dúas brigadas e unha motobomba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.