O BNG reclama ao Goberno restituír unha liña Avant entre Santiago e Ourense para persoas con abono recorrente

A situación, que lembra o BNG "xa se deu a finais de maio e foi corrixida" tras as denuncias de persoas usuarias, "repítese agora coa entrada en vigor dos novos abonos recorrentes"

Por E.P. | A CORUÑA | 01/07/2025 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para esixir ao Goberno explicacións sobre a exclusión do servizo de tren Avant das 07.47 horas entre Santiago de Compostela e Ourense para as persoas usuarias con abono recorrente.

O deputado do BNG, Néstor Rego, denuncia que se trata de "un novo episodio de discriminación e desatención ao servizo ferroviario en Galicia" e reclama a restitución "inmediata" desta frecuencia "fundamental para garantir a mobilidade diaria da poboación".

A situación, que lembra o BNG "xa se deu a finais de maio e foi corrixida" tras as denuncias de persoas usuarias, "repítese agora coa entrada en vigor dos novos abonos recorrentes".

"O tren das 07.47 horas continúa operando e é posible adquirir billete, pero unicamente pagando o prezo completo, sen ocpión de empregalo co abono, o que imposibilita o acceso para moitas persoas que utilizan o servizo a diario para desprazarse aos seus postos de traballo ou centros de estudo".

Varias persoas nunha estación de Renfe / Jesús Hellín - Europa Press / Europa Press
Varias persoas nunha estación de Renfe / Jesús Hellín - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta