Investigado un empresario en Santiago por delitos fiscais

O empresario está sendo investigado no marco dunha operación da UCO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2025 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Un empresario está a ser investigado en Santiago de Compostela no marco dunha operación da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil contra delitos fiscais. Segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press, sobre as 8,00 horas deste martes, un equipo de investigación da UCO, xunto a efectivos da Comandancia da Coruña, entrou tras forzar a porta no domicilio do empresario, situado na rúa Algalia de Abaixo.

Alí, os investigadores da UCO efectuaron un rexistro, en presenza do empresario, que se prolongou ata minutos despois das 15,00 horas deste martes, cando os axentes abandonaron o inmoble xunto ao home, que foi introducido nun vehículo patrulla da Garda Civil. Polo momento só transcendeu que se trata dunha operación contra os delitos fiscais e que hai rexistros noutras provincias, entre elas en Valencia.

O empresario investigado en Santaigo nunha operación da UCO contra os delitos fiscais é introducido nunha patrulla da Garda Civil
O empresario investigado en Santaigo nunha operación da UCO contra os delitos fiscais é introducido nunha patrulla da Garda Civil | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta