A papeleta de En Marea non lle chegou aos emigrantes de Pontevedra

Un colectivo de emigrantes pídelle explicacións a Xunta Electoral Central que recoñece erros no envío das papeletas dos censados nesta provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Hoy me han llegado por correo las papeletas para votar desde el extranjero y con estupor descubro que se 'han olvidado' de meter una de las papeletas... y a qué no sabéis cuál es la que falta? 
Del PP tengo dos...
‪#‎quecasualidades‬ ‪#‎metodosrastreros‬ 
‪#‎alguientienemiedodelvotoextranjero‬”

Críticas pola falta da papeleta de En Marea no envío da Xunta Electoral aos emigrantes
Críticas pola falta da papeleta de En Marea no envío da Xunta Electoral aos emigrantes


Deste xeito denunciaba a través da rede social de FB unha emigrante de Pontevedra a falta da pepeleta de En Marea- Unidos-Podemos para exercer o seu dereito o voto nas vindeiras eleccións xerais. O seu comentario non pasou desapercibido porque outros emigrantes desta provincia tamén certificaron o mesmo erro.

Esta situación era denunciada, posteriormente, por Marea Granate, un colectivo de emigrantes no exterior, tamén a través das redes sociais, que lle pedía ao Goberno español que enmendara esta situación:

Ola Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España e Ministerio do Interior: emigrantes procedentes de Pontevedra non reciben as papeletas completas. Xa nos chegaron varios casos.
Non hai tempo para segundos envios a tempo xa; que fan estas persoas para poder votar?
?#?VotosRobados?

Marea Granate é un movemento transnacional formado por emigrantes do estado español que loitan, desde fóra, “contra as causas que provocaron a crise económica e social que nos obrigaron a emigrar ou non nos permiten volver ao noso país”. Pouco despois, a Xunta Electoral recoñecía o erro.

O CERA impídelle votar a un emigrante, a pesar de estar en prazo
O CERA impídelle votar a un emigrante, a pesar de estar en prazo

“La junta electoral acaba de confirmar que se trata de un error de imprenta, así que mi caso no es una excepción, es la norma... la junta electoral de Pontevedra no envía al extranjero la papeleta de Marea/Podemos/EU. Con un par”, escribía a mesma emigrante que se queixara deste erro pouco despois no seu perfil de FB.

O número total de residentes ausentes (censo CERA) ascendeu a 1.926.490 a 1 de marzo de 2016, dos cales unicamente o 8,05% rogaron o voto. Por iso, o Colectivo Marea Granate cre que, tras a experiencia en anteriores comicios, nos que os atrasos na entrega das papeletas foi unha constante, a participación do voto emigrante nas próximas xerais estará por baixo deste de seu modesta porcentaxe.

“Estas cifras explícanse coas dificultades de rexistro no Consulado, que esixe desprazarse ao mesmo (o que nos casos máis graves implica percorrer distancias de miles de quilómetros), horarios restrinxidos de atención ao público que a miúdo coinciden coas horas de traballo de moitos emigrados, ao peche do censo máis de tres meses antes da cita electoral (o que deixa fóra a moitas máis persoas) e, por último, á falta de información que existe sobre o procedemento para rogar o voto e os prazos”, critica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

9 farto de lixo español

Seguro que entre os emigrantes galegos en venezuela non a botaron en falta,

8 Sabrin

Nótase que é de PODEMOS. Que ben fala castelán!

7 Antolín Parracho

Trátase de favorecer ao BNG

6 anonimo

¿Esta facendo algo En Marea por denunciar esto ante quen corresponda e esixir que se lles envien as papeletas de urxencia?. Na sua web ou ante os medios deberian informar de todo o acontecido e que teñen que facer os afectados para exercer o seu dereito o voto. Pareceme de "republica bananeira" o acontecido.

5 Gamela

Pois mentres votan eles... mellor que se enteren TODOS ! https://www.change.org/p/a-unidos-p...