Por Ubaldo Cerqueiro | Santa Comba | 20/06/2016 | Actualizada ás 13:04
María Pose é a séptima alcaldesa de Santa Comba en nove anos. A rexedora chegou ao poder hai tres semanas grazas a unha moción de censura entre TEGA e o PP. Esta alcaldesa, xa ocupou ese posto durante un ano, entre a dimisión do anterior alcalde, Antonio Landeira, e as pasadas eleccións, que remataban cun alcalde socialista que apoiou, precisamente, TEGA.
Un goberno que non durou moito pois pronto se rompeu o pacto entre socialistas e Terra Galega e os plenos foron aumentando a súa tensión.
Tras un ano de goberno socialista, que vos incitou a levar adiante esta moción de censura?
Temos un Concello abandonado por falta de xestión, por falta de solucionar problemas e falta de comunicación cos veciños, incluso chegando a enfrontarse con moitos deles. Un alcalde dictador que non estea ao servizo dos veciños non ten cabida nestes tempos. Un alcalde si que ten que mandar, pero non pode estar por riba de todos e mesmo da lei. Foi importante o seu carácter dictatorial e non dialogante, e que considera que sempre ten a razón e nunca atende a propostas ou ideas diferentes.
Cando e de quen parte a proposta da moción?
A moción partiu dos propios veciños. Do descontento que se foi xerando. Dende hai uns 3 meses ou asi, pero é un proceso dexenerativo que conduxo a tomar esta decisión.
Que lle parecen as acusacións do ex alcalde Ucha Velo de que a moción de censura foi “orquestrada dende a cúpula do PP” e non a nivel municipal?
Neste tempo coñecimos mellor a forma de actuar de Ucha Velo, que en vez de buscar solucións aos problemas da veciñanza, os agudiza e boa a culpa aos outros, utilizando a mentira por falta de recursos propois para solucionala.
Seguindo na liña do seu carácter, nun goberno baseado na mentira e o abuso de poder, esta é outra mentira máis para xustificar unha moción que ten a súa orixe, realmente, na súa propia xestión caótica e dictatorial.
Que provocou que TEGA vos apoie a estas alturas e non o fixera hai un ano?
Non son quen de falar por TEGA, pero TEGA e o PP de Santa Comba, como veciños que somos ademais de políticos, tomamos esta decisión polo ben do noso concello.
Pero por que non se chegou a un acordo así hai un ano?
Pois non se chegou por unha falta de comunicación, por unha falta de diálogo entre os dous grupos. Nuncha chegáramos a falar.
Vanse seguir facendo os plenos no Auditorio do Edificio Multiusos e transmitidos polo youtube?
Imos seguir gobernando coa transparencia que sexa necesaria polo ben da xente, pero sempre dentro do marco legal, porque para realizar os plenos nun lugar que non sexa a Casa do Concello hai que argumentar que se trata dunha causa de forza maior, e non sabemos se facer todos os plenos aí é legal. Estudiarémolo. O Canle de Youtube seguirá funcionando igualmente.
Como é finalmente o reparto de funcións entre PP e TEGA?
O día 22, seguramente pois aínda non está fixado, celebrarase o pleno onde repartiremos as áreas. Propoñemos estes postos:
Chisco Ameijeiras (voceiro de TEGA) será o primeiro Tenente de alcalde e Concelleiro da Área de Goberno Municipal, Relacións Institucionais e Veciñais. Javier Facal (TEGA), será o segundo teniente e Concelleiro de Obras e Infraestruturas. Silvia Cancela Blanco (TEGA), será a Concelleira de Deportes e Xuventude. Polo PP, Esther Espasandín (PP) será a Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, José Pose Pazos (PP) de Urbanismo; José García Suárez (PP) de Servizos; Juan Carlos Pérez Gerpe (PP), de Medio Rural e Medio Ambiente e Esther Espasandín estará á fronte de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.
Vaise recuperar a radio municipal, paralizada nos últimos meses?
Estamos vendo como está o expediente e facendo o posible para recuperala e que a posta en marcha sexa unha realidade o antes posible.
Que outras propostas que gardara no caixón Ucha Velo vai recuperar o novo grupo de goberno?Apenas levamos un par de semanas. Estamos valorando a situación do concello, o estado das arcas municipais e vendo que proxectos se están desenvolvendo e cales non. Nas vindeiras semanas recuperaremos proxectos nosos pendentes de realizar e seguiremos cos que xa están en marcha.
Vai volver doar a alcaldesa o 50% do seu soldo aos Servizos Sociais municipais?
O día 22 anunciaremos cal é a miña postura sobre ese tema. É precipitado dala a coñecer antes.
Do medio colaborador Que Pasa na Costa
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.