Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/07/2025 | Actualizada ás 10:10
Unha muller faleceu tras sufrir unha caída nas proximidades dun parque eólico na parroquia de Soesto, no municipio coruñés de Laxe. As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso, pero segundo confirmaron a Europa Press fontes próxima á investigación, as primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural, despois de que a muller sufrise unha indisposición.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 20.15 horas os profesionais sanitarios alertaron dos feitos, tras o que se informou á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Laxe. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero nada se puido facer pola súa vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.