Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 25/07/2025 | Actualizada ás 00:10
Pasadas as 23.00 horas, cando a noite xa era dona do ceo de Sanxenxo e a brisa atlántica acariciaba a praia de Silgar, o público reunido fronte ao areal alzou a vista. O que estaba a piques de acontecer non tiña precedentes: máis de 200 drons comezaron a despegar ao ritmo da música, formando no aire unha coreografía de luz que celebraba catro décadas de televisión pública galega. O espectáculo, titulado 'Mirade arriba', foi o prato forte da programación especial polo 40 aniversario da Televisión de Galicia (TVG). Emitido en directo pola propia canle e conducido por David Espiño e Rocío Delgado, o evento combinou tecnoloxía, emoción e identidade galega nun formato inédito para o público do país.
Durante algo menos de 15 minutos, os drons pintaron no ceo escenas emblemáticas: o logo orixinal da TVG, o novo logo da TVG, a silueta do Xabarín, o emblemático Gayoso, unha antena de televisión e ata unha reprodución luminosa da Catedral de Santiago. Todo iso, acompañado por unha banda sonora que mesturaba sintonías recoñecibles con novos arranxos electrónicos creados para a ocasión. Dende a area, veciños, turistas e curiosos seguían con admiración cada figura que se despregaba sobre as súas cabezas. As luces dos móbiles acendían pequenos reflexos na multitude, que non quería perder detalle dun evento único. Moitos comparábano, como non podía ser doutra maneira neste día, cos fogos do Apóstolo.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Xornada técnica sobre a pizarra na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña
- Denuncian un grave ataque dun pitbull a un traballador do refuxio de Bando
- 'As crianzas teñen nomes', municipios galegos len os nomes dos máis de 18.000 nenos asasinados en Gaza por Israel
- Morre un home ao caer desde un tellado en Rodeiro
- O "instigador da prostitución" Dandy de Barcelona non actuará en Vigo por "racismo, sexismo e negacionismo"
- A Xunta aposta por "unha revolución pacífica" do "feminismo inclusivo"