Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2025 | Actualizada ás 20:52
Un home perdeu a vida este venres tras caer desde un tellado nunha vivenda situada na parroquia de Arnego, na localidade pontevedresa de Rodeiro. Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou á central de emerxencias ás 17.00 horas, sinalando que un home se precipitou desde o tellado da súa propia casa e que podería estar falecido.
Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil. Xa no punto, a pesar da intervención dos equipos de emerxencia non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no acto.
FERIDO CERDEDO-COTOBADE
Doutra banda, outro home tivo que se trasladado en Cercedo-Cotobade tamén por caer desde o tellado da súa propia vivenda. Neste caso, o ferido foi trasladado polos servizos sanitarios, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladalo ao Hospital Clínico da capital galega. Tal e como explicou o 112, o accidente produciuse ás 18.10 horas no lugar de O Campo, en Valongo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.