A Xunta aposta por "unha revolución pacífica" do "feminismo inclusivo"

Así o sinalou a conselleira de Política Social na gala de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2025 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, apostou este venres por un "feminismo inclusivo" que implique "unha revolución pacífica e coral" e que non sexa "un clamor momentáneo e efémero, senón un esforzo continuo". Así o sinalou na gala de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2025, coas que o Executivo autonómico recoñece o traballo de persoas e entidades en favor da igualdade.

Na súa intervención, a conselleira destacou que este feminismo, protagonizado por mulleres que traballan en ámbitos sociais e profesionais variados, "debe ser unha resposta ao machismo residual que aínda pervive na sociedade" e tamén "a un activismo baleiro e estéril".

Así mesmo, referiuse a a traxectoria das galardoadas deste ano: a política galega e ex conselleira, Manuela López Besteiro; a deportista olímpica, María Teresa Portela Rivas; e a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), encargada da protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. Tras a entrega dos galardóns, García incidiu en que "as mulleres de hoxe están a empezar a cumprir o soño das mulleres de onte".

A conselleira de Igualdade, Fabiola García. MONCHO FONTES
A conselleira de Igualdade, Fabiola García. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta