(Vídeo) Así foi a noite do Apóstolo en Compostela

Un ano máis, Compostela encheuse de luz, emoción e festa para celebrar.

Por Elena G.Fdz | Santiago de Compostela | 25/07/2025 | Actualizada ás 01:16

Comparte esta noticia

A noite do 24 de xullo volveu converter o corazón de Santiago nun escenario de ledicia compartida. Milleiros de persoas (moitas delas rapazada) ateigaron as rúas da zona vella e da Alameda para gozar dun espectáculo que xa forma parte do pulso emocional da cidade: os fogos do Apóstolo.

Noite do Apóstolo en Compostela 2025
Noite do Apóstolo en Compostela 2025 | Fonte: Elena González

Os ollos erguidos ao ceo, os móbiles capturando luz e cor, os aplausos ao final. Non fixo falta innovación: Compostela sabe que hai tradicións que non se tocan. A praza do Obradoiro, como cada ano, e outros puntos da cidade, foron espello dunha emoción colectiva que se renova sen cambiar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta