Xunta e Fegamp únense para elaborar un protocolo de protección para o persoal do SAF

Fabiola García reiterou a súa máis firme condena, instando ás traballadoras que sufran acoso a denunciar..

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2025 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou este xoves que a Xunta colaborará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) na elaboración dun protocolo de protección para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Así o sinalou nunha entrevista, onde García mostrou o seu apoio á proposta do vicepresidente primeiro da Fegamp, o 'popular' Anxo Moldes, de que se redacte un protocolo con criterios comúns e estratexias de actuación ante posibles cuestións derivadas do exercicio da actividade laboral.

O obxectivo, segundo explicou a conselleira, sería dotar desta ferramenta aos concellos, que son os encargados de prestar un servizo que reciben diariamente nas súas casas máis de 24.000 dependentes galegos. Sobre a morte violenta dunha muller no Porriño (Pontevedra), supostamente a mans do marido da anciá á que coidaba, Fabiola García reiterou a súa máis firme condena, instando ás traballadoras do SAF a que denuncien calquera situación de acoso.

Persoal de servizos sociais e de axuda no fogar en concellos
Persoal de servizos sociais e de axuda no fogar en concellos | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta