Por Europa Press / Redacción | CALDAS DE REIS | 31/07/2025 | Actualizada ás 13:01
Servizos de emerxencias participan nun operativo de procura establecido para tratar de dar co paradoiro de Jamer Darío Echavarría Betancur, desparecido desde este mércores no lugar de Gandara, na parroquia de Saiar, en Caldas de Reis (Pontevedra). O 112 Galicia recibiu a notificación desta desaparición este mércores ás 15.10 horas.
Desde o Concello solicitaron tamén colaboración da cidadanía para axudar nos labores de procura. Así mesmo, detallaron que no momento da desaparición o home levaba camiseta vermella, pantalón curto verde e chanclas negras. No operativo participan membros de Protección Civil de Caldas de Reis, que tamén mobilizaron a efectivos de Protección Civil de Curtis, de Portas e de Catoira, así como axentes da Garda Civil, que puxeron a disposición un helicóptero.
O Concello de Caldas de Reis tamén pediu que calquera información que se teña respecto ao paradoiro de Jamer Darío se notifique a través dos teléfonos 062 e 112. Dende Protección Civil de Caldas solicitan colaboración veciñal na busca e informan de que os veciños que queiran sumarse ao operativo de maneira voluntaria poden facelo dende o punto de encontro situado no campo da festa da Fátima, na parroquia de Saiar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.