Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2025 | Actualizada ás 13:10
Galicia rexistrou en abril a concesión de licenzas para 205 edificacións de nova planta, que son 35 unidades máis que as outorgadas o mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (INE). Estes permisos permitirán crear 622 vivendas en nova planta, dato que reflicte un incremento de 271 unidades en relación ao rexistrado hai un ano.
Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 187 obras de rehabilitación e 25 de demolición de edificios. Esta cifra supón, en relación a abril de 2024, un aumento de 36 unidades e unha diminución de oito, respectivamente. O número de vivendas que se permitirían crear en rehabilitación será de 91 e as vivendas a demoler serán 26. Deste xeito, a variación neta do parque de vivendas este mes sería, por tanto, positiva: 687 novas vivendas coas licenzas concedidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.