Investigado por roubo de xoias tras ser acollido pola vítima en Silleda

A Garda Civil recuperou todas as pezas subtraídas, valoradas en ouro, e puxo ao detido a disposición xudicial.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Silleda está a investigar a un home de 36 anos con "numerosos antecedentes penais", veciño da localidade como presunto autor dun delito de furto de xoias no interior dun domicilio. Tal e como trasladou a Garda Civil nunha nota de prensa, os axentes iniciaron unha investigación para o esclarecemento dos feitos por mor dunha denuncia interposta en xullo.

Neste contexto, "tras diferentes pescudas chegan á conclusión de que os feitos puideron suceder no mes de maio", cando o presunto autor "aproveitouse da hospitalidade da vítima, a cal lle deu traballo e ao mesmo tempo deixoulle pasar a noite na súa vivenda".

Froito do operativo localizaron todas as xoias, sendo estas, cinco cadeas, tres medallas, un colgante, sete pulseiras, tres aneis e sete pendentes, todas elas de ouro. Actualmente xa foron entregadas á súa propietaria e as dilixencias xunto co detido foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Lalín.

Imaxe dun axente. GARDA CIVIL
Imaxe dun axente. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta